lunes, 20 de junio de 2011

FESTIVAL DE AMÉRICA NO IES ILLA DE AROUSA

O vindeiro mércores 22 levaremos a cabo unha serie de actividades relacionadas coas diferentes tarefas que ao longo do curso se desenvolveron nas aulas, sempre dentro do proxecto anual desenvolvido pola nosa biblioteca.
América é o motivo de dita exposición e a razón de ser deste blog.
Será unha xornada aberta tamén aos pais e colofón sensacional para o remate das clases.

Teremos diferentes actividades: longametraxe, curtas, exposicións, xincanas, trivial, xogos interactivos, teatriños, bailes, cancións e outras moitas ideas.
Grazas a todas e todos os que fixeron posible esta actividade.

CULTURAS AMERICANAS (2º DA ESO)